Goente celebra esta fin de semana as súas festas

Goente prepárase para vivir un intenso fin de semana de festa na honra á Virxe do Rosario. As celebracións, que contan coa colaboración do Concello das Pontes, desenvolveranse os días 18 e 19 de outubro e incluirán misas solemnes, sesións vermú e grandes verbenas con destacados grupos musicais.
O venres 18 de outubro, a xornada festiva comezará ás 13:00 horas coa misa solemne e, a continuación, celebrarase unha sesión vermú amenizada polo Grupo Paixón. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena protagonizada polo Grupo Paixón e a orquestra Los Satélites, unha das formacións máis recoñecidas de Galicia, que traerá ao escenario o seu espectáculo musical.
O sábado 19 de outubro será a quenda do Grupo Ritmo, que se encargará de poñer o broche final ás festas cunha nova sesión vermú longa e unha verbena chea de música e ambiente festivo.