Goía acolle este sábado unha romeria

TerraChaXa
Goía, en Xermade, celebra este sábado día 12 de agosto unha romería que dará comezo a partir das 13.
Romeria Goia portada
10 Ago 2023

Goía, en Xermade, celebra este sábado día 12 de agosto unha romería que dará comezo a partir das 13.00 cunha actuación do grupo de gaitas de Roupar. 

Máis tarde os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú a cargo do Grupo Alba e a continuación terá lugar a comida campestre que contará no menú con xamón á sidra, paella, carne asada, postre, café e chupito.  Tamén haberá mesas para os que leven o xantar. 

O baile da tarde estará amenizado polo Grupo Alba e o Trío Manhattan. 

Haberá unha colchoneta para os nenos e campo cuberto con carpa. 

Ademais o mesmo día 12 Goía acollera un concerto de Bregadiers, un grupo de experimentados músicos galegos que traerá música swing, jazz e rock&roll ás 17.00.

Romeria Goia
0.11475586891174