Goiriz abre as súas patronais cunha xornada dedicada aos vehículos clásicos
A comisión de festas de Goiriz e a Escudería Terra Chá Sport organizan este sábado, 23 de xullo, dentro dos festexos patronais polo Santiago Apóstol, a segunda xuntanza de vehículos clásicos, que dará comezo ás 10.30 horas coa xuntanza inicial, antes da beizón unha hora máis tarde.
Os coches farán un roteiro polos arredores de Goiriz e quedarán de novo no campo da festa para asistir á misa, ás 13.30 horas, e á sesión vermú e foliada festiva con dúo Pedriñas.
Antes dos xantar no campo da festa haberá uns petiscos de xamón e filloas gratuítos. A comida terá un prezo de 20 euros e haberá que reservar previamente no teléfono 686 469 362 ou no 699 994 107.
Rematarán a xuntanza cunha festa infantil a partir das 17.00 horas con gaiteiros e ás 20.00 horas terá lugar a entrega de premios ao vehículo máis antigo e ao máis lonxano. A verbena co dúo Pedriñas porá punto e final á sesión.
FESTAS
Goiriz celebra esta fin de semana as súas patronais polo que trala xornada dedicada aos vehículos clásicos terá lugar o domingo unha nova xornada coa actuación da orquestra Estrellamar en sesión vermú e verbena, nesta última xunto a Player's. O luns, día de Santiago, a verbena e a sesión vermú estarán ao cargo de Salsa Arena.