Goiriz acolle este sábado a tradicional Romaría do San Adriano con ruta cabalar

TerraChaXa
Unha vez finalizada a mesma dará comezo unha comida campestre
goiriz-romaria-san-adriano
Cartel da festa
22 Maio 2024

A parroquia vilalbesa de Goiriz celebra este sábado, 25 de maio a Romería de San Adriano que dará comezo cunha ruta cabalar organizada por Docavil.

Unha vez finalizada a mesma dará comezo unha comida campestre a base de empanada, paella, churrasco con criollos, viño, auga, refrescos, sobremesa, café e licor a un prezo de 27 euros. Para os nenos de 6 a 12 anos o prezo será de 13,50 euros.

Pola mañá haberá tamén misas ás 11.00, 12.00 e 13.30 horas. A parte musical estará a cargo de La Rosa, que fará sesión vermú e verbena con sorteo de agasallos.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e que os que desexen participar no xantar deberán anotarse previamente na Casa Zapateiro, O Cristo e Parrillada O Adro. O prazo remata este xoves, 23 de maio.

Para participar na ruta cabalar o teléfono de contacto é o 662 211 768 ou 685 958 300.

goiriz-romaria-san-adriano-interior
0.18353700637817