Goiriz, Carballido e Samarugo celebran festa na ponte
As localidades de Goiriz, Samarugo e Carballido, en Vilalba están de celebración polo Santiago.
No caso de Goiriz, tamén festexa a Santa Ana e as súas festas comezarán o xoves 25 coa misa maior ás 13.00 horas. Despois da procesión será a vez da sesión vermú, da que se encargará M3 Show. Pola noite, este mesmo grupo fará a verbena xunto a Puzzle.
O venres 26 será a orquestra Escaparate a que faga dúas actuacións, acompañada pola noite por Beatriz. Tamén haberá misa ás 13.00 horas.
O sábado 27 comezarán as celebracións en Samarugo, con misa e procesión ás 13.30 horas. A orquestra Fuego fará dobrete e o trío Merengue acompañará a esta pola noite e será a encargada da sesión vermú de fin de festa o domingo.
En Carballido as festas son na honra a San Roque e tamén contarán con celebración o sábado e o domingo. O primeiro día a música correrá a cargo de Escaparate, ao mediodía e á noite. Na verbena estará tamén o dúo Son de Festa.
O domingo actuará a orquestra Galaxia, que tamén terá dobre sesión. Os dous días haberá misa ás 13,3o horas.