Goiriz celebra a Romaría de San Adriano 2025 con música, gastronomía e ruta cabalar

TerraChaXa
O programa dará comezo pola mañá coas misas ás 11:00, 12:00 e 13:30 horas, seguidas da tradicional procesión a cargo do grupo Mesturas de Nete
romaria-goiriz
18 May 2025

A parroquia de Goiriz (Vilalba) prepárase para vivir unha nova edición da súa tradicional Romaría de San Adriano, que terá lugar o sábado 24 de maio de 2025, cunha xornada chea de actividades para todos os públicos, que combina tradición relixiosa, festa popular, gastronomía e o xa clásico atractivo da Ruta Cabalar.

O programa dará comezo pola mañá coas misas ás 11:00, 12:00 e 13:30 horas, seguidas da tradicional procesión a cargo do grupo Mesturas de Nete. A continuación, os asistentes poderán gozar dunha sesión vermú amenizada polo Dúo Venus, que tamén actuará pola noite na verbena.

Durante a tarde, a animación continuará con Puzzle Animación, dirixido especialmente ao público infantil e familiar, e coa Ruta Cabalar, un dos pratos fortes do evento. A organización lembra que cada xinete será responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo. Para participar na ruta, será necesario anotarse previamente nos teléfonos facilitados polos organizadores.

O menú da comida popular, que terá lugar baixo carpa cuberta, inclúe empanada, paella, churrasco mixto, criollos, sobremesa, café e licores, cun prezo de 33 euros por persoa (gratis para menores de 3 anos e 15 euros para nenos de 4 a 12 anos). Os tíckets poden adquirirse en Casa Zapateiro e Pizzería Pizzca, ata o 20 de maio.

Ademais, sortearase un fin de semana na Ática 21 de Vilalba e varios agasallos, e haberá colchonetas gratis para os nenos, merenda e sorpresas.

⚙ Configurar cookies
0.16425204277039