Goiriz celebra desde mañá as súas patronais

TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Goiriz celebra as súas festas patronais desde mañá, xoves ata o sábado 27, na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana.
Captura de pantalla 2019 07 24 a las 9.09.29
24 Xul 2019

A parroquia vilalbesa de Goiriz celebra as súas festas patronais desde mañá, xoves ata o sábado 27, na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana.

Os actos festivos darán comezo o 25 ás 13.30 horas coa misa seguida da procesión e a sesión vermú que estará ao cargo da orquestra Ibiza. A parte musical da noite contará de novo coa orquestra Ibiza e o grupo Astarot sen esquecer os fogos de artificio que haberá pasada a medianoite.

O venres continuarán as celebracións cos habituais oficios relixiosos empezando o apartado musical coa orquetra Pontevedra. Ás 23.30  horas dará comezo a verbena, na que estarán ademais de Pontevedra a orquestra Cinema.

O sábado 27, último día de festa, as celebracións comezarán de novo ás 13.30 coa misa e a procesións para continuar coa amenización da sesión vermú a cargo da orquestra Cabaret. Pola noite volverá actuar esta mesma orquestra e La Década Prodigiosa ofrecerá un concerto.

Haberá tamén xuntanza de vehículos clásicos e comida popular no campo da festa, na que poderán participar todos os que o desexen a un prezo de 20 euros. Estará amenizada por un agrupo de gaiteiros.

Pola tarde haberá festa infantil.

66800973_1671090916368139_7289128361140420608_o
0.071099996566772