Goiriz celebra o 11 de outubro a tradicional romaría na honra á Virxe de Fátima

A parroquia de Goiriz, en Vilalba, celebrará o vindeiro sábado 11 de outubro a súa tradicional romaría na honra á Virxe de Fátima, unha cita moi agardada pola veciñanza que combina os actos relixiosos coa convivencia e o aniversario da Casa Escola.
A xornada comezará cunha misa na capela da Fátima ás 13:30 horas. A continuación, terá lugar unha comida de confraternidade na Casa Escola, servida polo establecemento Catering Rochela. O menú incluirá paella, polbo, churrasco mixto con criollo e patacas fritas, tarta de chocolate, queixo, pan, bebida, café e licores. Para a cea ofreceranse empanadas, xamón, pan, queixo, bebida e café.
Tras a comida, a festa continuará cunha sesión de tarde amenizada con música, para que as persoas asistentes poidan desfrutar dun ambiente festivo e de reencontro veciñal.
As reservas poden realizarse a través dos teléfonos 647 40 17 75 (Rochela) e 636 00 42 30 (Nélida).