Goiriz vivirá unha fin de semana de festa

TerraChaXa
O domingo haberá unha xuntanza de vehículos e vespas clásicas
festas-goiriz
23 Jul 2025

Goiriz festexa a Santiago e Santa Ana esta ponte, e as súas festas comezarán o xoves 25 coa misa maior ás 13.30 horas. Despois da procesión será a vez da sesión vermú, da que se encargará Alaska. Pola noite, este mesmo grupo fará a verbena xunto a Cuarta Calle, con Jorge Ferre, excompoñente de Panorama.

O sábado 26 será a orquestra Eureka a que faga dúas actuacións, acompañada pola noite por Hermo Disco. Tamén haberá misa ás 13.30 horas e a procesión estará acompañada por Mesturas de Nete.

O domingo continuará a festa coa misa solemne e a sesión vermú a cargo e Dilema. Tamén será a vez da IV Xuntanza de Vehículos e Vespas Clásicas, cunha sesión de tarde con Dilema e Charanga RG.

También haberá xantar con empanada, paella, churrasco, sobremesa, café e licores, por 30 euros para adultos e 15 para nenos de 6 a 12 anos. Durante a tarde haberá degustación de filloas e outros produtos con colchonetas gratis para os nenos.

⚙ Configurar cookies
0.091019868850708