González Formoso reúnese coas asociacións nun brindis de Fin de Ano

TerraChaXa
O rexedor local desexou un feliz 2025 á veciñanza e fixo balance das actuacións e proxectos municipais executados durante o ano 2024
brindis-fin-de-ano-asociacions-as-pontes
31 Dec 2024

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, reuniuse con representantes das asociacións veciñais do municipio con motivo do brindis de fin de ano.

Durante este encontro, no que tamén estivo presento o equipo de goberno, o rexedor local desexou un feliz 2025 á veciñanza e fixo balance das actuacións e proxectos municipais executados durante o ano 2024, avanzando algunhas das propostas nas que xa traballa o executivo local de cara ao vindeiro ano.

González Formoso aproveitou este encontro para destacar a importancia da colaboración entre o Concello e as distintas entidades veciñais da vila, agradecéndolles o seu traballo "como nexo de unión entre a veciñanza e a administración municipal, colaborando a mellorar a calidade de vida de todos os ponteses e pontesas e facendo das Pontes un lugar mellor para vivir, amosando que pequenos esforzos voluntarios reverten en beneficio de toda a vila".

O alcalde animou aos veciños e veciñas a enfrontar o novo ano con a maior das ilusións desexando que o 2025 “veña cargado de saúde para todos e boas novas para As Pontes”.

0.15148115158081