González Formoso visita a asociación Adiante

TerraChaXa
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado da concelleira de Benestar Social, Tania Pardo visitou a Asociación de Persoas Alcólicas Rehabilitadas das Pontes.
visita asociacion adiante gonzalez formoso
11 Abr 2024

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado da concelleira de Benestar Social, Tania Pardo visitou a Asociación de Persoas Alcólicas Rehabilitadas das Pontes.

Durante este visita, na que o alcalde e a concelleira coñeceron máis polo miúdo os distintos proxectos e iniciativas nas que traballa a asociación no ámbito da información e prevención do alcoholismo e outras adicións así como na rehabilitación das persoas que padecen esta enfermidade e de apoio ás súas familias, González Formoso puxo en valor o labor que vén desenvolvendo a entidade fundada no ano 1991.

“A adición ao alcol é unha adicción que pode afogar a vida dunha persoa, xa que non só ten múltiples consecuencias físicas, senón tamén psicolóxicas. Saír deste problema é posible con vontade e axuda e neste ámbito asociacións como Adiante desenvolven un papel esencial ofrecendo unha rede de apoio, ás persoas que sofren esta enfermidade e as súas familias, tanto a través de sesións terapéuticas individualizadas como grupais así como a través doutras actividades e iniciativas que lles permite recuperar as súas vidas” sinalou o alcalde das Pontes.

O rexedor local tamén quixo destacar o labor diario da asociación na loita contra as adicións entre a poboación da vila a través, entre outras iniciativas, dun programa de prevención da drogodependencia, entre a rapazada, a través da educación emocional levado a cabo nos centros educativos da vila por medio dos que se busca traballar as competencias condutuais, sociais, cognitivas e emocionais para que a rapazada poida mostrarse máis competente para establecer vínculos prosociais e facer fronte ás presións do ambiente favorables ao desenvolvemento de condutas de risco para a saúde.

Nese sentido, González Formoso remarcou que “o campo das adicións é un campo cambiante e dinámico, suxeito á evolución da sociedade, á introdución de novas substancias e ao cambio de patróns e hábitos de consumo, é preciso procurar novas formas de previr os consumos abusivos e problemáticos para tentar aumentar a efectividade das accións preventivas e ese é o obxectivo deste programa posto en marcha por Adiante coa colaboración do Concello das Pontes”.

0.16938090324402