Gráfica e canto únense en Castro de Rei coa exposición de Markus Döhne

LugoXa | TerraChaXa
O artista alemán e a cantante Mónica de Nut protagonizan unha xornada performática o 22 de agosto na Casa da Galería
Markus-Dohne
20 Aug 2025

Castro de Rei acollerá este venres, 22 de agosto, a partir das 19:00 horas, unha xornada especial que combinará gráfica e canto na Casa da Galería, coincidindo coa volta da exposición “O Soño de Markus”.

O evento contará coa presenza do artista alemán Markus Döhne e co concerto performático de Mónica de Nut, titulado “Por que non hei de cantare”, e forma parte do programa de actividades da Fundación Margarita Ledo Andión.

Markus Döhne, artista plástico residente en Colonia e con obra no Museo de Lugo, destaca pola experimentación con espazos, materiais e técnicas gráficas, e foi recoñecido en 2007 co premio da asociación alemá da crítica. A súa primeira visita a Galicia foi en 2006 para participar no filme de Margarita Ledo “Liste, pronunciado Lister”.

Mónica de Nut, formada en jazz e canto tradicional galego, combina a súa música con danza, audiovisual e teatro, obtendo recentemente un María Casares en 2024 pola composición para “Ibuprofeno de Deadpan Karaoke”. Tamén conta con premios internacionais, como o Festival de Sapporo en Xapón, e colabora con artistas de renome como Mercedes Peón ou Oreka Tx.

⚙ Configurar cookies
0.094636917114258