Gran actuación dos atletas de Friol na Copa Deputación

TerraChaXa
Na Copa Diputación de Atletismo estiveron presentes varios nenos e nenas do Club Atletismo Friol, na que tiveron unha destacada actuación.
Copa Diputacion friol atletismo
6 Maio 2022

O pasado mércores 4 de maio tivo lugar nas pistas do Gregorio Pérez Rivera de Lugo unha nova proba da Copa Diputación de Atletismo, na cal estiveron presentes varios nenos e nenas do club Atletismo Friol, na que tiveron unha destacada actuación competindo con atletas de categoría absoluta.

Na distancia dos 80 metros lisos, Oihane Gómez conseguía a terceira posición da xeral cun tempo de 11.87 segundos, mentras que a súa compañeira Uxía Platero lograba a novena posición do cómputo xeral cun crono de 12.69 segundos. Na mesma proba, pero na categoría masculina, Mateo Villar ocupaba a cuarta posición entre todas as series, mentras que Borja Arias lograba a décima.

Polo que respecta á proba absoluta dos 100 metros lisos, Mara Montes e Noa Mouriz ocupaban a novena e décima posición, respectivamente, cuns tempos de 14.04 e 14.09 segundos. Ambas tomaban parte tamén na disciplina dos 300 metros lisos, onde Noa entraba en terceira posición e Mara na cuarta cuns cronos de 48.12 segundos e 49.59 segundos.

Na distancia dos 300 metros lisos masculinos, Ramón Loureiro era quinto cun tempo de 45.27 segundos e Samuel Villar, sexto cun rexistro de 51.79 segundos. Ambos tamén tomaron parte na carreira dos 600 metros lisos onde ocupaban a cuarta e quinta.

Por último, Mencía Casanova conseguía un meritorio segundo posto no lanzamento de peso cun mellor tiro de de 8.83 metros, mentras que Leyre Santos era cuarta cun rexistro de 7.27 metros.

0.14601397514343