Gran éxito da exposición de mobles restaurados de Pol

Pol
TerraChaXa | LugoXa
As mulleres rurais de Pol organizaron unha exposición de mobles restaurados na Caseta da Carballeira durante o curso que realizaron.
exposicion mobles pol1
6 Mar 2022

A Caseta da Carballeira de Pol acolleu durante unha fin de semana unha exposición de mobles restaurados durante os cursos organizados pola Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol. Unha mostra na que tamén se degustaron os produtos típicos de Entroido.

Tres días de exposición para mostrar o traballo realizado en madeira e ferro durante os catro meses nos que se desenvolveu o curso de restauración no Concello.

Esta exposición realizouse co dobre obxectivo de mostrar a calidade dos traballos feitos así como animar ao resto de veciños a participar nestes cursos formativos.

A mostra serviu de clausura do curso deste ano, pero xa están preparando. unha nova edición para cando sexa posible.

0.10286998748779