Gran éxito da segunda edición do Mini BTT de Muras

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Muras acollerá o domingo 6 de agosto a primeira edición dunha Mini BTT que organiza o Club Ciclista Viveiro.
Mini Muras BTT portada
7 Ago 2023

Muras volveu acoller por segundo ano consecutivo o Mini BTT organizado polo Club Ciclista Viveiro que se celebrou o pasado domingo seis de agosto cun gran éxito de participación como a primeira edición.

A competición que arrincou ás 10.00 horas para as categorías prebenxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís contou cun día de bo tempo que permitiu aos pequenos desfrutar do percorrido.

Máis de douscentos inscritos participaron nesta segunda edición na que os primeiros postos foron, na categoría Bexamin feminino para Mara Lois Vázquez e na masculina para Lucas Alvariñas Iglesias. Na categoría Alevín masculino o gañador foi Iago Gómez Martínez e na feminina o primeiro posto foi para Marta Utrera Carballo. Na categoría Infantil o primeiro posto do grupo masculino foi para Lucas Lozano González e o feminino para Iris Santana Cacabelos.

Na categoría Principiante, Lucas González García foi o gañador do grupo A mentres que Miguel Velle Pérez foi o gañador do grupo B e pola súa parte Aldara Gaciño Cernadas foi a gañadora do grupo feminino.

Por último na categoría Promesa, Hugo Ramos Martínez foi o gañador do grupo A e Hugo de Cea Diz do grupo B mentres que Iria Ruiz Vázquez foi a gañadora do grupo feminino.

0.20052599906921