Gran éxito de asistencia na charla sobre a EHE de Muras

TerraChaXa
A proposta do Concello de Muras e en colaboración co Gabinete Técnico-Agropecuaria Terra Chá e a empresa farmacéutico-veterinaria Vetia, organizouse en Muras unha charla para falar sobre a picadura do mosquito que transmite a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE).
charala ehe muras
31 Xan 2024

A proposta do Concello de Muras e en colaboración co Gabinete Técnico-Agropecuaria Terra Chá e a empresa farmacéutico-veterinaria Vetia, organizouse en Muras unha charla para falar sobre a picadura do mosquito que transmite a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE).

A sesión estivo a cargo de Sergio R. Pedrouzo, do Servizo Técnico Ruminantes de Vetia, e contou cunha gan asistencia de público, que tamén desfrutou duns petiscos ao finalizar.

É esta unha enfermidade vírica non contaxiosa que afecta aos ruminantes domésticos e salvaxes, transmitida por mosquitos do xénero Culicoides. A infección polo virus da enfermidade hemorráxica epizoótica (VEHE) pode ser inapreciable en moitos animais, sobre todo nas especies menos sensibles como ovellas e cabras, pero tamén pode causar unha enfermidade mortal nunha proporción de ruminantes infectados, especialmente cervos e bovinos, como as vacas. Non afecta aos humanos.

0.15338778495789