Gran éxito de participación na Feira do Cabalo de Friol

TerraChaXa
A XIV Feira do Cabalo de Friol bateu este ano récord de participación cun total de 136 cabalos inscritos, segundo indicou o alcalde da localidad, José Ángel Santos.
FERIA CABALLO FRIOOL
14 Ago 2019

A XIV Feira do Cabalo de Friol bateu este ano récord de participación cun total de 136 cabalos inscritos, segundo indicou o alcalde da localidad, José Ángel Santos.

O eixo principal da xornada foron as competicións cabalares recuperadas nesta edición (concurso de andaina serrada, de andaina galega chapeada e de trote), que foron as que contribuíron a esta maior afluencia, xa que as probas puntúan para ou campionato galego. Todas elas celebráronse pola mañá, con cabalos de Pura Raza Galega, Pura Raza Española e trotones e xinetes procedentes de toda Galicia que sumaron o maior número de participantes rexistrado neste evento.

Na modalidade de andaina serrada, o gañador foi José A. Dopico; en andaina chapeada, Jaime Carro foi o que fixo o mellor tempo, e o primeiro posto para a modalidade de trote foi para Liño Freire. Pola súa banda, o xurado destacou a gran calidade dos participantes.

A competición completouse cun espectáculo ecuestre de doma baixo o nome Cabalos e Razas do Mundo, onde os asistentes puideron admirar a morfoloxía doutras razas, como a Lusitana, Shetland e mini Shetlandal. A esta exhibición seguiron os exercicios acrobáticos e de equilibro da ximnasta alemá Corinhha Sonja. Pola tarde foi a quenda do televisivo burro acróbata Marcial, que tivo neste evento a súa primeira actuación en Galicia.

Pola tarde celebrouse unha yincana ecuestre e de libre participación que contou coa presenza dun gran número de xinetes para finalizar coa entrega de premios , onde se repartiron máis de 2.000 euros para os gañadores da yincana. O Concello de Friol destinou 15.000 euros á celebración desta feira cabalar. José Ángel Santos indicou que en realidade trátase "dun investimento importante, pois tamén é grande o impacto que supón a feira para o municipio, nun evento consolidado no calendario". O alcalde do municipio tamén agradeceu a presenza de todos os veciños que decidiron non perderse esta cita, así como a dos turistas que se achegaron á feira.

 

IMG_20190811_130959
0.20504283905029