Gran éxito de público e participantes no Campionato Galego de Velocidade das Pontes

TerraChaXa
O Campionato Galego de Velocidade, celebrado no circuíto das Pontes, saldouse con éxito, tanto a nivel de inscrición como de público.
campionato velocidade motos as pontes
6 Abr 2023

O Campionato Galego de Velocidade, celebrado no circuíto das Pontes, saldouse con éxito, tanto a nivel de inscrición como de público.

A proba, na que participaron 52 pilotos procedentes de toda Galicia, con idades comprendidas entre os 6 e os 50 anos, incluíu as categorías Minimotos 4.2, MiniGp 110, SM-65 - SM-85 , Pit Motard (160 - 190), SBK (Júnior, Master e Criterium) e Clásicas (2 Tempos e Super Series) . De todas as categorías convocadas, a única que non participo nesta proba foi a de Supermoto (Promesas, Open e Master).

A xornada de adestramentos do sábado estivo marcada por un tempo cambiante, que supuxo un traballo extra por parte dos equipos, tanto nas tomas de decisións, como nos reglajes e cambios de pneumáticos, para adaptar as motocicletas ao estado da pista.

O domingo de carreiras amenceu con moita néboa no circuíto e cunha temperatura moi baixa, expóndose a posibilidade de que a proba non puidese celebrase no horario previsto. Finalmente, as condicións climáticas melloraron e, tanto pilotos como o público puideron gozar dunha competición moi disputada en todas as categorías.

Queremos destacar a participación do piloto local, Iván Pablo Fernández, que resultou vencedor na categoría PIT MOTARD 190. Tamén salientar a participación de dúas mulleres, Dana Díaz e Noa Pazo, ambas as de 10 anos, que participaron na categoría SM65.

O Motoclub local, As Pontes Martín Vázquez Racing, promotor da proba, durante o acto de entrega de trofeos, aproveitaron a oportunidade para felicitar a todos os pilotos, familiares e acompañantes polo comportamento e actitude positiva mostrada durante a fin de semana.

Fixeron extensivos os seus agradecementos ao Concello das Pontes pola súa colaboración e axuda para poder levar a cabo a proba; á Federación Galega de Motociclismo por colaborar na xestión das inscricións e resto de documentación Federativa, así como todos os colaboradores e persoas que integraron a organización, facendo posible entre todos, poder levar a cabo a primeira proba do Campionato Galego de Velocidade 2023.

0.084882974624634