Gran éxito de público no Maratón de Fútbol Sala do Insuas do Miño de Rábade
LugoXa | TerraChaXa
O grupo campión do torneo foi Cook Lugo, ao que seguiu Que Pitos!, Dorados FC e As Burriñas
Os gañadores do maratón
5 Ago 2024
Rematou unha nova edición do Maratón de Rábade, a oitava, cun gran éxito de público e participantes nunha xornada inesquecible.
O grupo campion do torneo foi Cook Lugo, ao que seguiu Que Pitos!, Dorados FC e As Burriñas.
O premio ao mellor equipo do concello foi para 4 Amigos; o de mellor xogador para Álex Diz e como mellor porteiro foi escollido Adri Varela.
Paralelamente celebrouse o torneo de tute, que quedou en mans da parella formada por Marcos e Luís. Como subcampioas quedaron Mónica e Luci e os campións da repesca foron Quintela e Pasarela.