Gran xornada do TDM Basanta Souto
O equipo de TDM Basanta Souto A, de segunda galega que se desprazou esta fin de semana á casa do líder con dobre partido foi capaz de sumar dúas vitorias, a primeira por un moi apretado 3-4 ante o Breogán Oleiros D, e a segunda xa máis clara por un 2-4 ante o Breogán Oleiros E.
Os xogadores chairegos Beatriz Casas, Tono Franco e Antonio Guntín practicaron un tenis de mesa moi serio e á vez práctico, xogando claramente cos tempos do partido para levalo a donde eles querían, o que lles valeu facerse cos puntos que aúpan ao equipo á terceira posición de tabla, cun partido mais e á espera de última xornada para o equipo, que xogará o 24 de abril.
Esta semana a liga detense para a disputa do galego de tenis de mesa por equipos e categorías a celebrar en Narón dende do 27 de marzo ao 1 de abril. Os xogadores do TDM que se desprazaran a Narón son Ada, Ari, Alba e Hugo. A próxima xornada do torneo regular será o día 21 de abril contra o Club del Mar Infantil .