Grandes Festas de San Martiño en Pino, Cospeito
Os vindeiros días 9 e 10 de novembro, a localidade de Pino, no concello de Cospeito, celebrará as súas tradicionais Festas en honra a San Martiño, cunha ampla programación para todos os públicos.
O sábado 9 de novembro, as festividades comezarán coa misa solemne ás 13:00 horas, seguida da procesión e a sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Salsarena. Pola noite, a diversión continuará coa verbena, na que actuarán as orquestras Salsarena e Cuarta Calle. Esta última chega por primeira vez á zona e conta coa presenza de Jorge Ferre, ex integrante da orquestra Panorama.
O domingo 10 de novembro, a programación seguirá coas celebracións relixiosas, incluíndo outra misa solemne, procesión e sesión vermú a partir das 14:00 horas, que nesta ocasión estará a cargo da orquestra Eureka. Ao final desta xornada, daranse por rematadas as festas.
Ademais, durante as sesións vermú de ambos días, haberá colchóns inchables gratuítos para o desfrute dos nenos e nenas. O evento tamén contará cun espazo cuberto con carpa para garantir o confort dos asistentes en caso de mal tempo.