Guitiriz abre a inscrición para a súa Aula da Calma, con modalidades para diferentes

TerraChaXa
Guitiriz abre a inscrición para a súa Aula da Calma, con modalidades para diferentes tramos de idade ata os 29 anos
aulas da calma guitiriz
10 Jun 2023

O Concello de Guitiriz vén de abrir a inscrición para unha nova edición do seu programa Aula da Calma, que conta con modalidades para diferentes tramos de idade, desde os 6 aos 29 anos.

As persoas interesadas poden participar en Aula da Calma nen@s (de 6 a 12 anos), Aula da calma transformando-ME (DE 13 a 17 anos) e Aula da Calma Atopando-ME (de 18 a 29 anos). As inscricións poden formalizarse de forma presencial na casa do concello ou telemática na sede electrónica, ata completar aforo (deberá haber un mínimo de 8 participantes).

O obxectivo deste programa varía segundo a modalidade, coa idea xeral de ensinar a manexar a ansiedade, o estrés e a frustración, axudando a buscar a calma. Todo isto a través do ioga, o xogo, mindfullness, medicación, técnicas de relaxación...

0.23570203781128