Guitiriz abre hoxe a inscrición para os campamentos de verán

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abre hoxe, mércores 8 de maio, o prazo de inscrición dirixido a persoas empadroadas no municipio para anotarse nos campamentos municipais de verán do mes de xullo.
8 Maio 2024

O Concello de Guitiriz abre hoxe, mércores 8 de maio, o prazo de inscrición dirixido a persoas empadroadas no municipio para anotarse nos campamentos municipais de verán do mes de xullo.

A actividade está dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2008 e 2016 (ambos incluídos) e levarase a cabo do 1 ao 5 de xullo. Haberá unha visita ao Aquapark de Cerceda (1 de xullo) e ao Parque Multiaventura Galipark en Padrón (do 2 ao 5 de xullo), con todo incluído durante os catro días de estancia: actividades, monitores especializados, todas as comidas e durmida tres noites.

As persoas empadroadas poderán apuntarse ata o 22 de maio e, se quedan prazas libres, abrirase unha nova quenda, do 23 ao 31 de maio, para os non empadroados. As inscricións realizaranse de forma presencial no Rexistro ou a través da sede electrónica municipal. As prazas son limitadas, polo que será necesario formar un grupo mínimo de 25 persoas cun límite de 40 participantes.

O prezo total do campamento completo é de 190 euros, asumindo así o Concello un desconto de 50 euros por participante. Será necesario aportar o xustificante do pago do 50% do importe total no momento da inscrición. A metade restante aboarase desde o día 10 ata o 25 de xuño de 2024.

Ademais de entregar a solicitude, para anotarse deberase adxuntar unha fotocopia do DNI e outra da tarxeta sanitaria.

Para máis información, no teléfono do Concello 982 970 109 ou no correo electrónico deportes@concellodeguitiriz.com.

0.19285106658936