Guitiriz abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de Micoloxía 2025

TerraChaXa
A actividade, organizada pola Deputación de Lugo e Terras do Miño, celebrarase o 11 de outubro con parte teórica e práctica
setas-cogomelos-micoloxia
27 Sep 2025

O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 29 de setembro, o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Micoloxía 2025. A iniciativa está promovida pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, coa colaboración do propio Concello e da Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle.

O obradoiro terá lugar o sábado 11 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e combinará unha sesión teórica, que se impartirá na Escola Habanera, cunha parte práctica que se desenvolverá na Área Recreativa de San Xoán de Lagostelle.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de outubro. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao teléfono 982 37 01 09 ou a través do correo electrónico info@concellodeguitiriz.com. Terán preferencia aquelas persoas empadroadas no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.098628997802734