Guitiriz acende o Nadal e celebra a II Edición 'Guitiriz vive a noite'

TerraChaXa
Mañá, venres 13 de decembro, terá lugar o encendido do alumeado de Nadal, a partir das 19.
12 Dec 2019

Mañá, venres 13 de decembro, terá lugar o encendido do alumeado de Nadal, a partir das 19.00  en Parga e ás 20.00 horas no Campo da Feira de Guitiriz, feito que marcará o comezo dun completo programa de actividades. Estarán iluminadas todas as igrexas do concello e haberá “novidades con respecto aos outros anos”, destacan responsables municipais. Haberá actuacións musicais por parte da Coral Xermolos e do grupo Caivanca.. 

Tamén mañá os comercios de Guitiriz abrirán en horario extraordinario para celebrar a Noite aberta dos comercios, ata as 23.00 horas da noite. Os habitantes do pobo poderán adiantar as compras de Nadal, con descontos especiais. Con esta medida, o Concello pretende fomentar a potenciación do comercio local. 

Os establecementos participantes son: A Badorna, Perruquería A. Costa, Anitta Chic, Droguería Cheno, Zapatería Guitisport, Mercería Entrefíos, Expendiduría Guitiriz, Feixe, Perruquería Borea, Libraría Castaño, Mosquito e Sanjurjo Moda. 

 

Xornadas gastronómicas de caza

Durante o sábado 14 e o domingo 15 de decembro celebraranse as III xornadas gastronómicas da caza, organizadas pola Asociación Debares e o Concello nas que os bares e restaurantes locais serán protagonistas. Participarán os seguintes establecementos: Cit, Comba, Recreo, Xoldra, Centro, Flamingo, Soa, Nistal, Zeus, Titanic, Gaibor e Korreo. 

As tapas serán durante o sábado á noite e o domingo, en horario de 13.00 a 15.30 horas pola mañá e de 19.00 a 23.00 horas pola tarde. O domingo ás 23.00 horas sortearanse doce botellas Magnum.

O fin de festa na fin de semana do ‘pistoletazo’ de saída ao Nadal estará marcado por una festa infantil, o domingo desde as 15.30 horas ás 18.30 horas, na que os pequenos poderán gozar de hinchables e obradoiros. 

A alcaldesa remarca que “é de agradecer aos hostaleiros de Guitiriz a súa implicación sempre que lles propoñemos accións como estas, que serven para dinamizar o tecido de servizos de hostalería local. É moi importante para nós e neste senso sempre están abertos a acoller as ideas que nós lles trasladamos”.  

0.18478798866272