Guitiriz acolle este domingo o Festival de Santa Icía
Este domingo, 24 de novembro, a Casa Habanera de Guitiriz acollerá o Festival de Santa Icía, un evento organizado para conmemorar a patroa dos músicos. A cita, que comezará ás 18:30 horas, contará coa participación de diversas agrupacións musicais locais e doutros puntos.
No programa do festival inclúense actuacións da Pre + Banda Municipal de Música de Guitiriz, o grupo UNED Sénior A Coruña/Guitiriz e o Grupo Municipal de Gaitas de Guitiriz, que ofrecerán unha tarde chea de melodías e tradición.
A celebración de Santa Icía é un momento especial para destacar o talento musical do concello e poñer en valor o esforzo das súas formacións artísticas. O evento está promovido polo Concello de Guitiriz, coa colaboración de Mubagui e a Escola de Música Municipal de Guitiriz.