Guitiriz acolle este domingo un espectáculo de Maxia con Jorge Lorenzo

TerraChaXa
Esta actuación, enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño, está destinado a todos os públicos
momentos-maxicos-guitiriz
21 Jun 2025

O Concello de Guitiriz acollerá o próximo domingo 22 de xuño o espectáculo de maxia Momentos Máxicos, a cargo do Mago Jorge Lorenzo. Será na praza do Campo da Feira a partir das 19:00 horas e conta con entrada libre e gratuíta.

Esta actuación, enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño, está destinado a todos os públicos. Trátase dun espectáculo que cativará a nenos e adultos, levándoos nunha viaxe inesquecible desde o máis fondo da imaxinación ata a máis sorprendente realidade.

A maxia encherá o espazo con emocionantes ilusións e momentos máxicos que deixarán a todos coa boca aberta. Os pequenos e pequenas poderán gozar cos trucos que desafían á lóxica e á gravidade, mentres que os adultos redescubrirán o seu sentido de asombro ante a maxia da infancia. Desde desaparicións ata transformacións incribles, Da Imaxinación á Realidade ofrece un repertorio diverso que garante unha experiencia única para cada membro da audiencia.

⚙ Configurar cookies
0.16505408287048