Guitiriz acolle este mes dous novos obradoiros de saúde e de coidados

TerraChaXa
Guitiriz acollerá este mes de maio dous obradoiros de saúde e coidados da Escola Galega de Saúde para Cidadáns
escola galega saude para cidadans portada
1 May 2023

Guitiriz acolle, este mes de maio, dous novos obradoiros de saúde e coidados da Escola Galega de Saúde para Cidadáns que se desenvolverán na Casa Habanera.

O primeiro será o martes, 9 de maio, ás 16.00 horas. Tratará sobre coidar ao coidador/a. Está dirixido á cidadanía xeral, especialmente a coidadores e coidadoras. O obxectivo da sesión é dotar ás persoas coidadoras de ferramentas que lles permitan mellorar os coidados, prever a síndrome do coidador e do burn-out. Estará a cargo de Maribel Costas Manzanares.

O segundo, tamén aberto ao público xeral, será o martes, 16 de abril, ás 17.00 horas, e tratará sobre o exercicio físico e o ocio saudables. O docente será Orlando Blanco Iglesias e o contido da sesión irá sobre hixiene posturla, manexo de cargas e a actividades física no desenvolvemento corporal e da saúde.

As persoas interesadas poden inscribirse a través de neste enlace antes da data do curso. As persoas interesadas en participar poden solicitar axuda para inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.

escola galega saude para cidadans

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1916069984436