Guitiriz acolle este sábado unha ruta cabalar
A Asociación Cultural e Deportiva Ecuestre de Guitiriz organiza este sábado, 27 de maio, unha nova edición da Ruta Cabalar, a que será novena edición.
Esta dará comezo ás 10.00 coa recepción dos participantes na área recreativa de Guitiruz, O Pantano, onde haberá café e torta de millo de balde.
Ás 11.00 comezará o percorrido a cabalo, que incluírá unha parada con petiscos para concluír a xornada ás 14.00 horas co regreso ao punto de partida, onde haberá unha sesión vermú, amenizada polo grupo Dilema, e un xantar, que consistirá en polbo, churrasco, patacas e sobremesa, ademais de café e chupito. Todo terá un prezo de 35 euros.
Durate a tarde, coa música de Dilema, faranse varios obsequios mediante un sorteo entre o comensais para concluír a tarde coa festa.