Guitiriz acolle mañá un espectáculo dentro do ciclo Cultura no Camiño

TerraChaXa
Este sábado, 5 de setembro, ás 20.
0e8a97e4 4e3f 4a1b 9996 e5e58fd2d18b
4 sep 2020

Este sábado, 5 de setembro, ás 20.00 horas o Campo da Feira de Guitiriz acollerá o espectáculo musical O camiño de Santiago, de Educateatro Producións.

Esta obra enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño. O obxectivo deste ciclo é impulsar a contratación de espectáculos galegos, ao tempo que contribuír á dinamización cultural dos municipios da comunidade, especialmente dos de menor poboación. De feito, dos 149 concellos de Cultura no Camiño +, 140 contan con menos de 20.000 habitantes. Nestes casos, dispoñen dunha achega de 4000 euros por parte da Xunta (fronte aos 2500 do ano pasado), que asume así o 80% dos custos das contratacións artísticas. Para os municipios de maior poboación, a subvención sitúase nos 4800 euros (3500 euros en 2019), cun incremento ata o 60% na porcentaxe de contratación que asume economicamente o Goberno autonómico.

Solicítase aos asistentes que se presenten ao acceso media hora antes para evitar aglomeracións e cumprir o protocolo covid-19 establecido.

0.14969897270203