Guitiriz acolle o espectáculo A aldea das mulleres

TerraChaXa
Guitiriz acolle o novo espectáculo de Carmen Conde, A aldea das mulleres o domingo 16 de maio na Casa Habanera.
a aldea das mulleres guitiriz portada
6 Maio 2021

A Casa Habanera de Guitiriz acolle o domingo 16 de maio ás 19.00 horas o novo espectáculo de Carmen Conde, A aldea das mulleres.

Esta obra está dirixida a un público xuvenil e adulto e a entrada é de balde. Debido á covid, as prazas están limitadas e serán asignadas por orde de chegada.

Esta obra foi adiada en xaneiro por mor da situación sanitaria e está patrocinada pola Deputación de Lugo.

Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten “buscarse os feixóns”, constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único para roer en tempos da fame.

Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.

a aldea das mulleres guitiriz
0.18006587028503