Guitiriz acolle o martes o primeiro pleno telemático da súa historia

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz convocou para o próximo martes 28 de abril, a partir das 12 horas, o seu primeiro pleno telemático da historia co obxectivo de non atrasar máis do debido asuntos urxentes como pode ser o pago a provedores.
27 Apr 2020

O Concello de Guitiriz convocou para o próximo martes 28 de abril, a partir das 12 horas, o seu primeiro pleno telemático da historia co obxectivo de non atrasar máis do debido asuntos urxentes como pode ser o pago a provedores.
A sesión levarase a cabo a través da plataforma "Zoom" e coa sistencia do servizo de novas tecnoloxías da Deputación de Lugo. Todos os concelleiros e concelleiras poderán conectarse ao pleno, que se emitirá ao público en directo, a partir das 10 horas do día 28 e a través da ligazón que recibirán nos seus correos electrónicos o día anterior.

Un dos puntos principais da sesión plenaria é a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de créditos para poder poder pagar facturas pendentes a provedores. “É un procedemento que a administración fai de xeito habitual pero, coa situación que estamos a vivir, non se podía demorar”, explica a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira.

O pleno telemático tamén servirá para ratificar a elección da xuíza de paz titular de Guitiriz e para dar conta á corporación das medidas adoptadas polo Concello en relación coa crise sanitaria da COVID-19 desde a declaración do Estado de Alarma.

Por outra banda, todos os concelleiros e concelleiras decidiron incorporar un último punto para aprobar a doazón a unha ONG o importe total da asistencia á Comisión Informativa e ao pleno.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17668199539185