Guitiriz acolle tres novos obradoiros de saúde e de coidados

TerraChaXa
Guitiriz acollerá este mes de abril e maio tres obradoiros de saúde e coidados da Escola Galega de Saúde para Cidadáns
escola saude guitiriz
15 Abr 2023

Guitiriz acolle, este mes de abril, dous novos obradoiros de saúde e coidados da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Ámbolos dous serán na Casa Habanera, ás 17:00 horas. O primeiro será o martes, 18 de abril, e tratará sobre psicomotricidade e memoria. Está dirixido á cidadanía en xeral e impartirao por Jennifer Souto.

O segundo, tamén aberto ao público xeral, será o martes, 25 de abril, e tratará sobre muller e saúde. Cristina Ouro Núñez, matrona, será a encargada de impartir esta sesión, na que se tratarán temas como a menopausa e a osteoporose, fisiopatoloxías, alimentación e exercicio e prevención xinecolóxica.

No mes de maio realizarase un novo obradoiro, que será o martes, día 9, ás 16:00 horas, e tratará sobre coidar ao coidador/a. Está dirixido á cidadanía xeral, especialmente a coidadores e coidadoras. O obxectivo da sesión é dotar ás persoas coidadoras de ferramentas que lles permitan mellorar os coidados, prever a síndrome do coidador e do burn-out.

As persoas interesadas poden inscribirse a través de neste enlace antes da data do curso. As persoas interesadas en participar poden solicitar axuda para inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.

0.14995002746582