Guitiriz acolle un maratón de fútbol sala organizado polo ADC San Xoán

TerraChaXa
O Jonathan Carro acollerá a fin de semana o IV Maratón de fútbol Sala Guitiriz-Vila Termal, que dará comezo o vernes e rematará o domingo.
maraton futbol sala guitiriz termal portsda
11 Xul 2023

O polideportivo Jonathan Carro acollerá esta fin de semana o IV Maratón de fútbol Sala Guitiriz-Vila Termal, que dará comezo o vernes e rematará o domingo.

O prazo de inscrición para participar remata este mércores. Esta debe facerse a través dos teléfonos 676 547 454 ou 660 404 197 previo ingreso da cota que é de 150 puntos para o masculino e 50 para o feminino.

Recibirán un premio económico os catro primeiros clasificados, ademais dun trofeo auxiliar para o mellor equipo do Concello, así como para o mellor porteiro e xogador. Os premios serán entre mil e 150 euros dependendo da súa posición.

Na feminina os premios serán para os dous mellores equipos, así como para a mellor porteira e xogadora.

maraton futbol sala guitiriz termal
0.10568594932556