Guitiriz acolle un maratón de fútbol sala organizado polo ADC San Xoán

O polideportivo Jonathan Carro acollerá os días 11, 12 e 13 de xullo o VI Maratón de fútbol Sala Guitiriz-Vila Termal, que dará comezo o venres e rematará o domingo.
O prazo de inscrición para participar remata o xoves 10. Esta debe facerse a través dos teléfonos 676 547 454 ou 660 404 197 previo ingreso da cota que é de 150 puntos para o masculino e 50 para o feminino.
Recibirán un premio económico os catro primeiros clasificados masculinos e 2oo euros para o mellor equipo do Concello. Os premios serán entre mil e 200 euros. Na feminina os premios serán para os dous mellores equipo. Serán de 300 e 150.
O maratón dará comezo cun campionato de tute que se desenvolverá o día 11 a partir das 16.30 horas, momento no que se realizará o sorteo dando inicio ás partidas ás 17.00.
O campión levarase o 70 % da recadación e o subcampión o 30 %, mentres que os dous primeiros da repesca recibirán un lote de produtos.
Para participar haberá que inscribirse no 662 571 907 e 619 835 582. Hai un máximo de 24 parellas e a inscrición ten un prezo de 20 puntos por parella.