Guitiriz acolle un maratón de fútbol sala organizado polo ADC San Xoán

TerraChaXa
O Jonathan Carro acollerá a fin de semana o III Maratón de fútbol Sala Guitiriz-Vila Termal, que dará comezo o vernes e rematará o domingo.
deputacion medio rural aparcadoiro Foz
13 Xul 2022

O polideportivo Jonathan Carro acollerá esta fin de semana o III Maratón de fútbol Sala Guitiriz-Vila Termal, que dará comezo o vernes e rematará o domingo.

O prazo de inscrición para participar remata hoxe. Esta debe facerse a través dos teléfonos 676 547 454 ou 660 404 197 previo ingreso da ota que é de 150 euros para o masculino e 50 para o feminino.

Polo momento xa hai preto de 15 equipos apuntados na masculina e 3 na feminina, polo que mañá terá lugar o sorteo, ás 20.00 horas no restaurante Korreo, para a primeira, mentres que a segunda resolverase cun triangular.

Recibirán un premio económico os catro primeiros clasificados, ademais dun trofeo auxiliar para o mellor equipo do Concello, así como para o mellor porteiro e xogador.

Na feminina os premios serán para os dous mellores equipos, así como para a mellor porteira e xogadora.

0.10546684265137