Guitiriz acolle unha charla para coidadores de persoas con dependencia
TerraChaXa
A Escola de Cabreiros acolle este mércores, 19 de xullo, unha charla dirixida a coidadores de persoas en situación de dependencia.
28 Ago 2023
A Casa Habanera de Guitiriz acolle este sábado, 2 de setembro, unha charla dirixida a coidadores de persoas en situación de dependencia.
A ponencia está ao cargo de Afalu (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo) e terá horario de 16.00 a 21.00 horas.
Na sesión tratarse de ofrecer unha guía para ofrecer o mellor coidado e protexerse o coidador.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no 607 843 384 ou no concello de Guitiriz.