Guitiriz acollerá o curso de verán da USC Turismo e paisaxe

TerraChaXa
Entre os días 11 a 13 de xullo Guitiriz acollerá o curso de verán da USC Turismo e paisaxe.
Cartel Triptico Curso Veran 2018 Final COMPLETO logo Terra
9 Jun 2018

Entre os días 11 a 13 de xullo Guitiriz acollerá o curso de verán da USC Turismo e paisaxe.

Neste curso examinarase a relación entre turismo e paisaxe desde diferentes áreas de coñecemento, con relatorios referidos á historia, á xeografía, á enxeñería, á economía, ao urbanismo, ao medio ambiente, así como á percepción literaria ou artística.

A Paisaxe reúne en si mesma valores obxectivos e subxectivos, constituíndo unha realidade natural e cultural á vez que é un elemento consubstancial do fenómeno turístico.

A Paisaxe, ollada como recurso, é un dos principais atractivos estimados polo turismo. Mais tamén sucede que resulta transformada por causa da propia actividade turística, acomodándoa ao seu dinamismo ou sendo modificada pola escesiva presión do turismo.

A Paisaxe, natural ou cultural, urbana ou rural, a miúdo é fráxil e vulnerable, cun elevado risco de degradación dos seus valores. O turismo poderíalle causar diversos impactos ou xerar unha tendencia á uniformidade e perda da súa orixinalidade e autenticidade paisaxística, cousa que a certo prazo mesmo iría en detrimento do seu atractivo como recurso turístico.

Conseguintemente, é preciso equilibrar harmoniosamente a relación entre Turismo e Paisaxe.

A matrícula poderá formalizarse a través de internet ou de maneira presencial, ou excepcionalmente por correo.

O prazo de matrícula comeza o 9 de maio e remata o día 29 de xuño. O importe da matrícula é de 70€ o ordinario e de 40€ o reducido. O importe reducido é para estudantes de calquera universidade, bacharelato, F.P., pensionistas, desempregados e persoal da USC.

Así mesmo terán taxa reducida as persoas pertencentes á Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC. (As persoas que non estean cubertas polo seguro obrigatorio da USC, deberán abonar un seguro de 16€).

PROGRAMA

11 de xullo: VALORACIÓN

10:00 - 11:00 Recepción e inauguración.

11:00 - 12:15 Conferencia inaugural: Premios Parabéns: A mellor imaxe de Galicia.

María Nava Castro Domínguez. Directora de Turismo de Galicia.

12:45 - 14:00 A CREACIÓN DUNHA IMAXE IDENTITARIA DE GALICIA

Roxelio Pérez Moreira. Profesor de Territorio e Paisaxe e de Cultura e Paisaxe, USC.

16:15 - 17:30 ESPAZOS SENSIBLES: AS PARAXES NATURAIS DAS MONTAÑAS GALEGAS

Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Profesor do Dpto. de Produción Vexetal, USC.

18:00 - 19:15 ESPAZOS SENSIBLES: AS PARAXES NATURAIS DAS ILLAS ATLÁNTICAS GALEGAS

Saúl de la Peña Lastra. Investigador do Dpto. de Edafoloxía e Química Agrícola, USC.

12 de xullo: PROPOSICIÓN

10:00 - 11:15 ECOTURISMO: PAISAXE E AUTENTICIDADE

Manuel Rodríguez Rodríguez. Consultor e investigador en economía, natureza e turismo.

11:15 - 12:30 TURISMO RURAL VERSUS TURISMO BALNEARIO

Mario Crecente Maseda. Director de Crecente Asociados: arquitectura, patrimonio e turismo.

13:00 - 14:15 TURISMO BOTÁNICO E XARDINÍSTICO: PLANTAS E XARDÍNS MEMORABLES DE GALICIA

Carlos Rodríguez Dacal. Catedrático de Ciencias da Natureza, IES Antón Fraguas, Santiago.

16:15 - 17:30 TURISMO ORNITOLÓXICO

Antonio Sandoval Rey. Escritor e comunicador ambiental.

18:00 - 19:15 TURISMO MARIÑEIRO

María José Cacabelos Domínguez.Vicepatroa Maior da Confraría de Cambados, Pdta. de Guimatur.

13 de xullo: PRESERVACIÓN

10:00 - 11:15 A PAISAXE: ELEMENTO CLAVE NA XEOGRAFÍA DO TURISMO E DO OCIO

Francisco Javier López González. Profesor do Dpto. de Enxeñaría Agroforestal, USC.

11:15 - 12:30 A PROTECCIÓN DAS PAISAXES NATURAIS GALEGAS

Valerià Paül Carril. Profesor do Dpto. de Xeografía, USC.

14:00 - 14:30 Acto de clausura.

13:00 - 14:00 Conferencia de clausura:

TURISMO E PAISAXE: A NECESARIA HARMONÍA

Xosé Manuel Santos Solla. Catedrático de Xeografía Humana, USC.

Haberá proxecións audiovisuais ao finalizar cada xornada.

Día 11, “DE PASEO POLAS MONTAÑAS” (30’)

Día 12, “DE PASEO POLAS RIBEIRAS” (30’)

PEDRA, AUGA E ASTRONOMÍA

Día 13, 17:00 - 19:30, Roteiro polo Concello de Guitiriz

Día 13, 23:00 - 24:00, Observación de ceos nocturnos

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “NOITES ESTRELECIDAS” pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1662118434906