Guitiriz acollerá o Foro Internacional RIES24 sobre saúde os días 13 e 14 e novembro

TerraChaXa
O foro reunirá profesionais destacados dos sectores público e privado
presentacion-foro-saude-guitiriz
8 Nov 2024

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou na presentación da novena edición do Foro Internacional #RIES24, que terá lugar os vindeiros 13 e 14 de novembro no Hotel Iberik Balneario de Guitiriz, e reunirá a destacados profesionais do sector sanitario para abordar os retos e oportunidades do sistema de saúde. O acto, que se celebrou no Pazo de San Marcos, contou tamén coa presenza da Presidenta do Clúster de Saúde de Galicia, Rocío Mosquera Álvarez, e do representante do Comité Organizador, Ricardo Fra Otero.

Carlos López sinalou que a Deputación colabora co Clúster Saúde de Galicia na organización deste foro, achegando 6.000 euros ao evento. Un apoio, destacou o Deputado, que responde ao firme compromiso da institución provincial de apostar por un sistema sanitario máis equitativo e eficiente: "Estamos convencidos de que a saúde debe ser un dereito accesible para todos, sen distinción de onde vivan. Traballar por un sistema sanitario máis equitativo e eficaz é clave para mellorar a calidade de vida das persoas”.

López tamén incidiu na situación do medio rural, onde o acceso aos servizos sanitarios se fai cada vez máis difícil debido á distancia, o peche de ambulatorios e a falta de profesionais: "A saúde non pode ser unha oportunidade privilexiada para uns poucos, senón un dereito para todos, especialmente no medio rural, onde estas problemáticas son cada vez máis evidentes”.

O Foro #RIES24, que se consolida como unha plataforma de referencia no sector sanitario, contará con expertos e líderes tanto dos sectores público como privado. Os debates centrarase en catro grandes eixos de relevancia global: medicina personalizada, biomedicina, coidados híbridos e saúde circular. "Eventos como #RIES24 son unha excelente oportunidade para intercambiar coñecementos, compartir mellores prácticas e establecer alianzas que contribúan á mellora continua do noso sistema sanitario”, destacou Carlos López. Neste sentido, engadiu que foros deste tipo "son clave para avanzar cara a un sistema sanitario máis accesible, eficiente e equitativo para todas as persoas".

PROGRAMA

O Foro Internacional #RIES24, que se celebrará os vindeiros 13 e 14 de novembro no Hotel Iberik Balneario de Guitiriz, contará con destacados profesionais do sector público e privado para debater sobre os grandes retos e oportunidades do sistema sanitario, centrándose en áreas clave como a medicina personalizada, a biomedicina, a intelixencia artificial e a economía circular.

13 de novembro

19:00 h: Inauguración e visita aos stands Platinum
19:50 h: Entrega dos Premios #RIES24
20:45 h: Cea de gala e networking

14 de novembro

09:30 h: Apertura e benvida ao IX Foro RIES 2024
09:45 h: Keynote: Dubai Health: An Integrated Health Academic System (Mariano González, senior Advisor, Dubai Health)
10:15 h: Mesa Redonda sobre Perspectivas e desafíos da saúde global.
Ponentes: Abel Viejo Borbolla,profesor de APL na Facultad deMedicina de Hannover; Beatriz Escudero Pérez, viróloga Molecular no HospitalClínico de Barcelona; Diana Valverde, doctora en Bioloxía pola Universidade da Coruña, Subdirectora do Centro de Investigación en Nanomateriales e Biomedicina (CINBIO) e Responsable do laboratorio de Enfermodades Raras do CINBIO; e Mabel Loza García, doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do grupo de investigación BioFarma

11:00 h: Café Networking
11:45 h: Keynote sobre Intelixencia Artificial e a súa regulación - (Ignasi Belda, Director, Agencia Española de Supervisión da IA)
12:15h: Mesa Redonda sobre Intelixencia Artificial e Saúde: Novas perspectivas
Participan: Miguel Ouro Mosquera, director de IA NTT DATA; Óscar Pérez García CEO de ACE. Gradiant; Paulo Bustelo Codesido, Data&AI Healthcare LeadIberia. DXC Technology; e Manuel Millares López - Storage & HPC TechnologyConsultantFujitsu
13:00 h: Keynote sobre Sustentabilidade e resiliencia no sistema sanitario: Perspectiva escocesa (Wendy Rayner)
13:30 h: Visita aos stands Platinum
14:00h: Cóctel de peche
15:30 h: Ágora sobre Turismo Termal e Saúde
16:30 h: Ágoras sobre Medicina Personalizada e Vangarda e Cuidados Híbridos
17:30 h: Ágora sobre O papel do sector saúde na loita contra o cambio climático

0.19247508049011