Guitiriz acolleu o inicio do programa Ineco RuralTIC
O programa Ineco RuralTIC para a dixitalización social e económica da poboación deu comezo este martes en Guitiriz, onde os traballadores desta consultora pública, pertencente ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, permanecerán durante dúas semanas.
O obxectivo destas sesións, que están dirixidas á poboación en xeral e son presenciais, é romper a fenda dixital, con formación e apoio no uso das novas tecnoloxías. En cada sesión, dunha duración de unha hora e media, impártese un obradoiro diferente.
As sesións, que teñen lugar na Casa Habanera deron comezo para falar sobre a banca dixital e as compras en liña abarcando aspectos como as transferencias, Bizum, facer unha declaración da renda, métodos de pago, webs de confianza, envíos e devolucións.
Continúan hoxe falando de seguridade e privacidade en internet, así como prevención de estafas en liña.