Guitiriz aproba investimentos en mellora da seguridade viaria e equipamentos

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz vén de aprobar un investimento de 339.
13 sep 2019

O Concello de Guitiriz vén de aprobar un investimento de 339.435’16 euros para acometer un total de 3 proxectos que teñen que ver coa mellora da seguridade viaria e a adquisición de equipamentos.

Un deles é a adquisición dun camión con basculante e guindastre que suporá un investimento de 88.572 euros con cargo aos fondos que achega o Plan Único da Deputación de Lugo e que permitirá ao Concello acometer traballos para os que antes non dispoñía das ferramentas necesarias.

Ademais, tamén se aprobou un proxecto valorado en 142.461’88 euros para o mantemento do camiño que dá acceso á parroquia de Santa Mariña e Mariz, desde Santa Mariña ata a P-23-02. Esta actuación tamén se financiará a través do Plan Único.

Por último, aprobouse tamén o expediente de contratación da obras de mantemento e mellora do camiño desde a LU-170 á LU-PR-23-01 pasando polo Seixo, O Cando, Vilargabín e a Tolda, nas parroquias de San Salvador e Os Vilares, que conta cun orzamento de 108.401,48 euros e que se levará a cabo con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 da Conselleria de Medio Rural (Agader).

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacou o “importante investimento que está a realizar o goberno local en materia de seguridade viaria” e explicou que “o obxectivo é continuar mellorando paulatinamente a rede de camiños e vías municipais”.

 

0.19497394561768