Guitiriz, Begonte e Castro de Rei acollen o Campionato de Seleccións Comarcais de fútbol Sala
Os concellos de Begonte, Guitiriz, Castro de Rei, Tui e O Carballiño vestirán as súas mellores galas para ser sedes do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, un evento único que terá lugar do 6 ao 8 de decembro coa participación de centenares de nenos e nenas das categorías benxamín mixto, alevín masculino e feminino e infantil masculino e feminino.
As seleccións participantes neste Campionato Galego de Seleccións Comarcais serán na zona norte as de A Coruña, Ferrol, Lugo e A Costa, e no sur as de Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago.
Fase Previa e Fase Final
Este Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala arrincará o este 6 de decembro coa disputa da Fase Previa tanto na Zona Norte como na Zona Sur.
Os Concellos de Guitiriz, Begonte e Castro de Rei albergarán durante toda a xornada os encontros correspondentes á Fase Previa da Zona Norte, mentres que a Fase Previa da Zona Sur terá lugar no Concello de Tui.
A Fase Final que coroará aos campións e campioas disputarase 48 horas máis tarde, o 8 de decembro no Carballiño.
Na organización deste evento colaborarán os clubs FSF Castro, Begonte FS, EDM Concello de Guitiriz e A Quinta de Tui.