Guitiriz busca o rincón favorito da vila nun certame das redes sociais
O Concello de Guitiriz presenta o certame Mi rincón favorito de Guitiriz, un concurso a través da rede social Instagram que invita á veciñanza e ás persoas visitantes a subir fotografías da localidade para amosar e descubrir o máis destacado da vila: a súa paisaxe favorita, un fermoso atardecer, unha ruta de sendeirismo, un recuncho pouco coñecido ou unha espectacular torta de millo, entre outras.
O certame terá carácter e premios propios, pero ademais as obras a concurso competirán, xunto as fotografías de todo o país, polos premios nacionais de Mi rincón favorito, que buscan recoñecer as mellores imaxes de toda a xeografía española.
O prazo para inscribir as obras no certame estará aberto ata o sábado 31 de agosto, inclusive. Así, os premios a nivel local daranse a coñecer o 9 de setembro e os gañadores/as nacionais, o 27 de setembro, coincidindo co Día Mundial del Turismo.
Para participar, as persoas participantes deberán tomar unha instantánea cun teléfono móbil (aceptaranse tamén imaxes tomadas con calquera dispositivo), subila á rede social Instagram xunto cos cancelos do certame (#mirinconfavorito e #mirinconfavoritodeguitiriz) e encher, tantas veces como fotos presenten, este formulario de inscrición, onde tamén se poden consultar as bases.
O texto da descrición da imaxe formará parte da obra e o xurado pode telo en conta á hora de elixir os traballos gañadores.
O formato e extensión deste texto é libre e se permite a inclusión de emoticonos.
Deste xeito, poderán participar todas as persoas que o desexen sen importar idade ou lugar de nacemento. O único requisito é que a obra presentada estea realizada en Guitiriz, ou faga referencia ao municipio.
O certame contará con dous premios: un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo dotado con 100 euros. A obra gañadora do primeiro premio será impresa en diversos materiais promocionais (postais, adhesivos e pósteres) que a recoñecerán como o traballo gañador do concurso.
Ademais, a fotografía gañadora optará aos galardóns nacionais do proxecto Mi rincón favorito, que son de 500, 400, 300, 200 e 100 euros, respectivamente para os 5 primeiros. Ademais, haberá 10 premios accésit de 50 euros.
O obxecto desta convocatoria é o estímulo das persoas que residen ou visitan Guitiriz na súa capacidade creativa no terreo da fotografía dixital á vez que se busca xerar contido enriquecedor nas redes sociais a través dun uso responsable e con finalidade cultural.
Tamén, este certame cumpre un obxectivo promocional, facendo que sexan as propias persoas usuarias as que mostren os aspectos que eles mesmos consideren máis relevantes da localidade, e aproveitando o efecto viral da comunicación a través de las redes sociais.