Guitiriz cede a Escola de Santa Cruz á Comunidade de Montes
O Concello de Guitiriz aprobou en pleno a cesión da Escola de Santa Cruz á Mancomunidade de Montes de Santa Cruz para fins de interese xeral da veciñanza.
O inmoble, que conta con 67 metros cadrados, está en bo estado de conservación e poderá ser empregado como local social e de ocio veciñal nas vindeiras datas.
No pleno tamén se aprobou a conta xeral e a dación de conta das resolucións de Alcaldía. No apartado 3, tamén se aprobou a desafectación ben municipal. Aprobada cos votos a favor do PSOE e PP e abstención do BNG.
Entre os outros asuntos aprobados estivo unha modificación de créditos e o recoñecemento extraxudicial de créditos 2-2023. A
Cos votos en contra do PP tamén foi para adiante a modificación da ordananza fiscal número 16 reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.