Guitiriz celebra mañá unha xornada de observación solar

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz acollerá este sábado, 16 de marzo unha xornada de observación soclar, que se desenvolverá a partir das 13.
Guitiriz celebra mañá unha xornada de observación solar
15 Mar 2019

O Concello de Guitiriz acollerá este sábado, 16 de marzo unha xornada de observación soclar, que se desenvolverá a partir das 13.00 horas na praza do Campo da Feira.

A observación farase a través do telescopio  H Alfa, que é exclusivo para observacións da cromosfera e as  protuberancias solares dun xeito seguro, e através dun telescopio dotado con filtro adecuado para ver a fotosfera e poder ver algunha mancha solar visible.

Esta actividade está organizada pola asociacion astronómica Ío en colaboración co Concello de Guitiriz.

 

 

0.17671513557434