Guitiriz celebra o Día de Rosalía cunha actividade gastronómica

TerraChaXa
Realizarase o venres 21 de febreiro despois da inauguración da mostra ‘Tal como eramos’
caldo-de-gloria-guitiriz
13 Feb 2025

A Biblioteca Casa Habanera do Concello de Guitiriz celebrará o Día de Rosalía de Castro coa actividade gastronómica Caldo de Gloria, unha proposta impulsada pola Fundación Rosalía de Castro para render homenaxe á escritora a través da tradición popular e a cociña.

Aínda que o Día de Rosalía de Castro é o 23 de febreiro, a actividade celebrarase o venres 21, xusto ao remate da inauguración da mostra Tal como eramos.

Nesta xornada especial, convidarase aos asistentes a coñecer a figura da autora, a recitar fragmentos da súa obra e a degustar un caldo tradicional galego, recibindo tamén como obsequio un mantel do Caldo de Gloria creado para esta ocasión pola Fundación Casa Museo Rosalía de Castro.

Esta proposta gastronómica parte desde a tradición, ao estar inspirada no poema Miña casa, meu lareira, no que Rosalía describe con sensibilidade e realismo a elaboración dun humilde caldo, símbolo de resiliencia e esperanza.

Con esta actividade, a Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz busca fomentar a difusión da obra de Rosalía de Castro e manter vivos os costumes e valores que a poetisa plasmou no seu legado literario. A actividade está aberta a todo o mundo que queira participar nesta celebración cultural que une literatura e gastronomía en honra dunha das figuras máis emblemáticas da literatura galega.

0.11757612228394