Guitiriz celebra o Día do Libro cun concurso literario
O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera, celebra o Día do Libro este martes, 23 de abril, coa IV edición do concurso literario Tes un conto...
Esta iniciativa busca participantes do municipio que envíen os seus relatos creados a partir de distintas palabras aleatorias. O prazo para mandalos remata o 31 de maio.
As persoas interesadas deben acudir á Casa Habanera para recoller os dados e as instrucións sobre como xogar. Para aqueles e aquelas que non poidan facelo de forma presencial, existe a opción de solicitalas mediante o e-mail biblioteca@concelloguitiriz.com.
Os contos poderán mandarse a ese mesmo de enderezo electrónico, ser entregados na Casa Habanera ou enviados a través de correo postal a: B.P.M. Casa Habanera, rúa do Concello, nº42, San Xoán de Lagostelle, 27300, Guitiriz.
Non hai límite de palabras nin de idade. Ademais, todas as persoas participantes recibirán un agasallo e formarán parte da iniciativa Tes un conto…