Guitiriz celebra o domingo 2 de febreiro a primeira andaina do ano
O Concello de Guitiriz celebrará a primeira andaina deste ano 2025 o domingo 2 de febreiro, data na que está programada a Ruta polo río Mera en Lugo.
Deste xeito, darán comezo as habituais rutas organizadas polas Escolas Deportivas Municipais en colaboración co Concello. A saída cara a andaina está fixada para ás 9:00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, mesmo punto onde será a chegada sobre as 14:30 horas.
Os participantes realizarán un percorrido duns 12 quilómetros aproximadamente pola contorna do río Mera e polos bosques do Monte Segade, no Concello de Lugo.
As inscricións poderanse formalizar no Concello de forma presencial ou a través do número de teléfono 982 37 01 09 ata o próximo xoves, 30 de xaneiro, ás 15:00 horas.
Ao tratarse dunha andaina fóra do concello, as inscricións teñen un prezo de 5 euros para persoas empadroadas en Guitiriz e de 10 euros para non empadroadas.
A ruta está aberta ao público en xeral, pero os menores de idade terán que ir acompañados dunha persoa adulta.