Guitiriz celebra un novo 'Domingo de Baile' na Escola Habanera

TerraChaXa
A cita será de 17.00 a 20.00 horas, e incluirá unha doce merenda e xogos de mesa para quen non queira bailar
actuacion-en-directo-en-clave-de-ti
10 Jan 2026

O Concello de Guitiriz organiza este domingo 11 de xaneiro unha nova edición do Domingo de Baile na Escola Habanera. A actividade, aberta ao público en xeral, está pensada para pasar unha tarde amena e divertida con música, baile e bo ambiente.

A sesión desenvolverase de 17.00 a 20.00 horas e incluirá un descanso cunha doce merenda para todos os asistentes. Ademais, aquelas persoas que non desexen participar no baile poderán gozar doutros entretementos, xa que haberá tamén xogos de mesa. A música estará a cargo de En clave de Ti.

Desde o Concello animan á veciñanza a achegarse a esta proposta de lecer, pensada para fomentar a convivencia e o encontro social entre os veciños e veciñas de Guitiriz. A entrada ten un prezo de 5 euros.

⚙ Configurar cookies
0.077093124389648