Guitiriz celebra unha xornada de baile este domingo
TerraChaXa
O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, contará cunha merenda

22 Feb 2025
Este domingo 23 de febreiro, a Escola Habanera de Guitiriz acollerá unha nova animada xornada de baile aberta a todo o público. O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, promete ser unha tarde de diversión para persoas de todas as idades.
Durante a celebración, haberá un descanso acompañado dunha merenda para recargar enerxías. A música estará a cargo de Aixa Romay, que actuará en directo. Os asistentes poderán desfrutar de diferentes sorpresas e os que non desexen bailar terán xogos de mesa.
A entrada terá un custo de 5 euros, e o evento está organizado polo Concello de Guitiriz.